Nos podes pedir

Asesoramento, Orientación, Apoio, Atención á carta (individual, colectiva), en función de cada demanda/necesidade concreta. Unha atención cercana, individualizada, precisa, que satisface ás necesidades individuais de cada cal. Perseguindo modos de vida o máis normalizados posibles para que as persoas con TEAs/TXDs, cheguen a ser o máis independentes, autónomas, capaces, sociais e funcionais.

  • Asesoramos a Pais/Nais, persoas, educadores, profesionais… Establecendo programas de axuda e Sensibilización Social, necesarios para lograr a calidade de vida familiar, entendendo que é a única vía de proporcionar calidade de vida ás persoas con TEAs/ TXDs.
  • Asistencia Persoalizada dos casos, determinada polas demandas, elaborando e establecendo o seguimento dos programas de apoio persoalizados.
  • Diagnóstico de Necesidades, desenvolvendo ó máximo as potencialidades de cada individuo, cos Apoios Apropiados e durante o período de tempo necesario para o funcionamento óptimo da vida da persoa con TEAs/TXDs e as súas familias.
  • Como aspectos básicos e esenciais que debe cumprir o noso servizo, Cremos Firmemente en:
    • o traballo en equipo,
    • a relación humana afectiva,
    • a conducta ética (transparencia, seriedade profesional, códigos éticos),
    • a responsabilidade,
    • a mellora continua,
    • o entusiasmo,
    • a formación permanente

Nesta Unidade, levamos a cabo un servicio profesionalizado, especializado e público centrado nas Capacidades, porque Tódalas persoas as Temos, Desenvolvendo Programas de Enriquecemento Psicolóxico e Intelectual a través delas.