Avanzar no coñecemento científico teórico-práctico sobre as persoas con TEAs e TXDs que redunde nunha atención personalizada, en función das demandas e necesidades concretas, respondendo as mesmas a través dos apoios do entorno social, con vistas a proporcionarlles unha calidade de vida suficiente e necesaria para vivir con e entre os demáis.
Algúns dos fins que pretende esta Unidade son:
- Desenvolver na poboación con TEA/TXD, competencias, estratexias e habilidades. Axudarlles a construir as funcións cognitivas e emocionais que por unha u outra causa non se poidan iniciar dunha forma natural e espontánea.
- Fomentar e establecer relacións de todo tipo que faciliten o seu desenvolvemento xeral.
- Prestar apoio e dar asesoramento ás familias e profesionales implicados na vida destes nenos/as con TEA/TXD; asistiéndoos nas demandas e necesidades a medida que aparezan.
- Ampliar os intereses e as competencias das persoas con discapacidades intelectuais, atendendo ás súas necesidades educativas especiais.
O desenvolvemento das persoas con TEAs e TXDs, depende de:
- A súa estimulación
- Os apoios recibidos (educativos, familiares, sociales…)
- Diagnóstico axustado de necesidades e potencialidades individuais
- Traballo basado nas súas capacidades
- As axudas que necesiten