Pasos para levar a cabo a tradución de URL (sitios web):
O primeiro que deberemos facer será indicar a dirección de tradución (galego-español, español-galego, etc.). A continuación indicaremos a URL do sitio que queremos traducir, por exemplo: http://www.igape.es/. Podemos indicar que nos marque as palabras descoñecidas (ausentes dos dicionarios) con un “*”. Unha vez indicados todos os parámetros pulsamos o botón de “traducir” para que o frontal de tradución leve a cabo a tradución do sitio web indicado.
O aspecto a destacar neste caso é que o frontal tamén permitirá a navegación con tradución. Isto significa que podemos navegar a través do sitio web e as páxinas serán traducidas automaticamente.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000