O primeiro campo que podemos visualizar (ver Ilustración) é o correspondente á dirección de tradución que queremos aplicar. Podemos traducir tanto desde español → galego como de galego → español, e os demais pares de linguas que teñamos instalados no noso sistema.
Unha vez seleccionada a dirección de tradución, podemos indicar se queremos que o tradutor marque as palabras descoñecidas. Se marcamos o recadro, o sistema de tradución incorporará un “*” diante daquelas palabras que non se encontren nos dicionarios do tradutor.
Para levar a cabo a tradución de texto plano, dispomos dun campo de formulario para a introdución do texto (Entrada).
Unha vez cuberta esa información pulsaremos o botón de traducir para que o sistema leve a cabo a tradución do texto introducido. Se o funcionamento é correcto, devolveranos o texto traducido no campo de saída, que está xusto por debaixo do cadro de texto de entrada.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000