Tradución de documentos

Para traducir documentos, os pasos que deberemos levar a cabo son os seguintes:

Seleccionar a dirección de tradución que queremos aplicar

  • Galego-Español
  • Español-Galego
  • Español-Inglés
  • Inglés-Español
  • etc.

Seleccionar o ficheiro que queremos traducir conforme á  dirección de tradución e o formato que indicamos nos pasos anteriores. Se indicamos que queremos facer unha tradución de galego a español dun .doc (Microsoft Word) o documento que seleccionaremos deberá ser de tipo .doc e estar no idioma galego. Cando pulsemos o botón de seleccionar, abrirase unha xanela que nos permitirá buscar nas carpetas do noso equipo e/ou nos equipos da rede á que esteamos conectados, o documento para traducir (o frontal identificará automaticamente a extensión do ficheiro seleccionado). Os formatos soportados son:

  • TXT: para ficheiros de texto plano (sen formato)
  • HTML: para traducir ficheiros tipo HTML
  • DOC: documento de word para MS Office 97/2000/2003/XP
  • ODT: documento de OpenOffice swriter
  • ODS: documento de OpenOffice scalc
  • ODP: documento de OpenOffice impress
  • DOCX: documentos de word para MS Office 2007
  • XLSX: documentos de excel para MS Office 2007
  • PPTX: documentos de powerpoint para MS Office 2007

Indicar se queremos que se marquen as palabras descoñecidas ou non. Marcando o recadro de verificación correspondente, indicamos se no proceso de tradución queremos que indique cun “*” aquelas palabras que non están presentes nos dicionarios.

Unha vez indicados os parámetros anteriores, deberemos pulsar o botón de “traducir” para levar a cabo a tradución. Pasados uns segundos devolverá o documento traducido dándonos a opción de abrilo ou gardalo. Este terá o nome orixinal seguido dun guión e as iniciais do idioma ao que fixemos a tradución. Por exemplo, se enviamos a traducir un documento denominado carta.doc do galego para o español, o frontal devolverá un documento denominado
carta-es.doc

documentos


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000