Utilidade

1. Acreditación universitaria

É a identificación da Universidade da Coruña

Contén: nome e apelidos, fotografía e colectivo ao que pertence (profesorado, PAS, estudante...)

Solicítaa en calquera momento en secretaría ou na oficina universitaria Santander do campus, levando unha fotografía recente. Recibirala no teu domicilio particular. Para que inclúa os servizos 4B Maestro, só necesitas ser titular dunha conta bancaria no Santander. Esta conta non ten nin gastos de administración nin de mantemento.

Non hai que renovala cada ano, pero poderás cambiala tanto se é simple como mixta, en calquera momento.

2. Control de accesos

Requírese a súa utilización nos servizos que o teñan establecido; actualmente ordenadores das Aulas Net: ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos e Escola Universitaria Politécnica (Ferrol) e acceso aos edificios: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Facultade de Informática e ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (proximamente). Opcionalmente acceso á Secretaría Virtual de Profesores.

3. Empréstito de libros na biblioteca

Permite solicitar libros da biblioteca do teu centro, dunha forma rápida e doada, xa que o lector óptico visualiza o código de barras impreso na túa tarxeta.

4. Consulta de notas en puntos de información

5. Tarxeta deportiva

A TIU dáche acceso ás instalacións deportivas. Permite identificar se es usuario das instalacións e outórgache a posibilidade de pagar os cursos, actividades deportivas e alugamento das instalacións.

6. Moedeiro electrónico

Permite o pagamento de pequenos importes (ata 150 euros) en todas as dependencias onde exista un terminal de pagamento. Actualmente está dispoñible no Servizo de Deportes, nas cafetarías dos centros e nas copistarías dos centros.

Como se recarga?

En efectivo
Dentro do campus, nos terminais de recarga da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais - Elviña, Servizo de Deportes, Edificio de Apoio ao Estudo - Esteiro, e nas oficinas universitarias Santander.
Fóra do campus, nas oficinas Santander máis próximas á universidade.

En Caixeiros 4B
(opción Operacións Moedeiro)
Coa TIU, se ten o servizo 4B Maestro. Con calquera outra tarxeta 4B.

Como consultar o saldo?

Nos terminais de recarga opción Saldo Moedeiro.
Nos caixeiros 4B, opción Operacións Moedeiro.
Nos terminais de pagamento, cando vaias efectuar unha operación.

7. Descontos en comercios

Presentando a túa tarxeta ao realizar as túas compras en determinados comercios da Coruña e Ferrol, así como outros nacionais, poderás beneficiarte de descontos e outras vantaxes especiais.

Guía comercial A Coruña / Guía comercial Ferrol

8. Tarxeta 4B Maestro

Servizo opcional da TIU, asociado a unha conta en Santander que che permite:

  • Aboarlle á Universidade os servizos académicos *
  • Consultar as túas notas a través dos caixeiros 4B (máis de 13.000 en España) *
  • Recargar o teléfono móbil en caixeiros 4B*
  • Obter diñeiro en calquera caixeiro (máis de 890.000 en España e todo o mundo)*
  • Realizar compras en comercios adheridos (máis de 12.000.000 en España e todo o mundo)

* Sen ningún custo nos caixeiros 4B


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000