Onde conseguila?

1. Activa a túa conta no portal de Servizos https://servizos.udc.es

2. Revisa os teus datos persoais (enderezo, nacionalidade, data de nacemento etc.)

  • Estudantes: na secretaría do teu centro ou no portal de Servizos
  • PDI e PAS: no Servizo de PDI ou PAS ou no portal de Servizos
  • PYC: no Servizo de Investigación ou no portal de Servizos

Nota: para evitar problemas na emisión da tarxeta universitaria, os enderezos (rúa, número e piso) non deben ter en total máis de 40 caracteres.

3. Cubre e entrega nos mostradores habilitados nos centros en época de matrícula ou ben na oficina universitaria do Banco Santander o cartón foto que se che entregou coa matrícula ou cando asinaches o teu contrato:
Cartón foto

Se non tes un cartón foto podes dirixirte á oficina de campus cunha foto carné e cubrilo alí. O documento que debe constar no cartón foto debe ser o mesmo co que te matriculaches ou formalizaches o teu contrato.

4. Se comprobaches todos os apartados anteriores e non recibiches a tarxeta nun prazo de 10 a 20 días, diríxete ás oficinas universitarias do Banco Santander.

Localización das oficinas universitarias Santander

A Coruña
Campus Elviña. Pavillón de Estudantes
Teléfono: 981 297 866

Ferrol
Campus de Esteiro
Teléfono: 981 359 310

Horario das oficinas universitarias Santander

Horario de atención ao público/caixa: de 9.30 a 14.00 h e de 16.00 a 18.30 h

2.ª quincena de decembro, semana santa e agosto: horario de atención ao público: de 9.30 a 14.00 h e caixa de 9.30 a 13.30 h

Suxestións

tarjetas.sic@udc.es

tarjetauniversitaria@gruposantander.com


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000