A TUI é unha tarxeta intelixente, realizada en colaboración co Santander, que acredita o estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos como membros da comunidade universitaria.
A emisión da tarxeta universitaria (TUI) é o proceso mediante o que a comunidade universitaria pode obter a súa tarxeta acreditativa.
A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión, acreditación, préstamo bibliotecario, acceso a recintos...
En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o/a usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.
Que non inclúe este servizo
Alumnado de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e Universidade Sénior matriculado na UDC que teña pagada a cota correspondente á tarxeta universitaria para o presente curso académico.
Persoal docente e investigador da UDC
Persoal de administración e servizos da UDC
Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.
A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos/as os/as integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión e acreditación.
A tarxeta universitaria é unha tarxeta persoal e intransferible. A persoa titular é responsable dos actos administrativos que fosen validados e autenticados coa tarxeta que a identifica. Se es estudante, para ter dereito a ela é necesario que esteas matriculado/a na UDC e pagues a cota anual correspondente.
En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o/a usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.