FAQ

Que fago se a perdo?

Podes volver solicitala na oficina universitaria (teléfono 981 29 63 87 ou na extensión 2359). Se tivese o Servizo 4B Maestro cancélaa en calquera oficina Santander ou a través de "Superlínea", tel. 902 24 24 24.

Canto tarda en chegar?

Desde que a solicitas ata que a recibes, pode transcorrer unha media de 20 días. Se é unha reposición por perda, roubo ou extravío, 10 días aproximadamente.

Ademais, iranse incorporando novas funcións garantindo a total seguridade e confidencialidade das operacións realizadas.

Son estudante e non me chegou a tarxeta, que teño que facer?

Acude á secretaría do teu centro ou á Secretaría Virtual do Estudante de "servizos-intranet" para revisar os teus datos persoais (enderezo, nacionalidade, data de nacemento etc.) Se os datos son correctos acude á oficina universitaria máis próxima ou á secretaría do teu centro para solicitala. Para iso, debes cubrir o formulario que che entreguen na oficina ou na secretaría co mesmo DNI, pasaporte, tarxeta de residencia etc. co que estás matriculado, e pega unha foto tamaño carné no cadro específico.

Son PDI ou PAS e non me chegou a tarxeta, que teño que facer?

Ponte en contacto co Servizo de PDI, PAS ou entra no portal do persoal dentro do portal de servizos para revisar os teus datos persoais (enderezo, nacionalidade, data de nacemento etc.). Se os datos son correctos acude á oficina universitaria máis próxima, á Vicerreitoría de Calidade e Novas Tecnoloxías ou á secretaría do teu centro e solicítaa cubrindo o formulario que che entreguen e pegando unha foto tamaño carné no cadro específico.

É preciso actualizar a tarxeta?

Para o correcto funcionamento da tarxeta cómpre actualizala a comezo do curso tras realizar a matrícula. Para iso diríxete ao punto de información dos centros ou aos puntos habilitados na Área de Deportes, selecciona a opción "Renovación da tarxeta universitaria" e sigue as instrucións da pantalla.