Centro de Documentación e Arquivo

O Centro de Documentación e Arquivo da Universidade da Coruña (CEDAR) é unha unidade especializada no tratamento e na xestión da documentación da universidade, na súa custodia e na accesibilidade aos membros da comunidade universitaria e á sociedade en xeral. O CEDAR é unha unidade de apoio á docencia, á investigación e á xestión administrativa da universidade.

O CEDAR cubre a xestión dos documentos activos e semiactivos e dos documentos históricos que proveñen do conxunto das unidades administrativas e académicas da Universidade da Coruña. Adquire e xestiona documentos que son considerados necesarios para o ensino, a investigación ou para a mesma historia da institución.

O CEDAR pertence á Conferencia de Archivos de las Universidades españolas (CAU) e mesmo participa activamente no seu Comité Executivo e nos grupos de traballo.