Voluntariado ambiental

Como facerse voluntari@ ambiental da UDC

O primeiro é informarte sobre o Programa de actividades nas que podes participar, para que poidas elixir as máis acaídas ao teu gusto e dispoñibilidade.

A continuación, deberás facer unha solicitude formal á OMA-UDC, cubrindo para iso a correspondente ficha de inscrición e remitila á OMA-UDC (oma@udc.es). Desde a OMA contactaremos contigo para manter unha entrevista, logo asinar un compromiso por escrito.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal