Esta exposición móstranos en seis paneis unha versión reducida dun Estudo de Medios de mobilidade desde diferentes barrios da cidade até o Campus de Elviña, realizado para a UDC pola Asociación Mobi-Liza por unha mobilidade sustentábel.
Dun total de 5 percorridos desde a cidade, elixiuse como exemplo para a exposición o desprazamento desde Santa Lucía á Elviña. Ofrécense os datos de distancias percorridas, tempos e as velocidades en medios alternativos, motorizados (coche, moto, autobús) ou non motorizados (bicicleta, a pé), xunto cos obstáculos que en diferentes áreas da cidade dificultan unha mobilidade máis sustentábel. Os mapas de isócronas, os 10 motivos para utilizar a bicicleta e un avance das liñas do plan de mobilidade da UDC completan os contidos.
Ver contidos da exposición Aproximación á mobilidade universitaria na Coruña
A Universidade da Coruña (UDC) e a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) veñen de elaborar unha exposición sobre a pegada ecolóxica na que se inclúe información sobre o caso da UDC.
A exposición conta con 16 paneis xa montados, de 80 cm de largo por 180 de alto, que a Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA-UDC) pon a disposición de toda a comunidade universitaria. Para a súa exposición, precísase unicamente un espazo axeitado, duns 20-25 m de percorrido.
Os centros, colectivos e calquera outra persoa da UDC poden dirixirse á Oficina de Medio Ambiente (oma@udc.es), para solicitar e reservar esta exposición. A información que deberán enviar é a seguinte:
Así mesmo, poden indicar se están interesados/as nunha charla explicativa sobre a temática ou temáticas da exposición.
A OMA-UDC porase en contacto coas persoas solicitantes para concretar os detalles da súa realización.
Ver contidos da Exposición A pegada ecolóxica na UDC (pdf)
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000