Re_utilizando é a nova iniciativa da OMA, enfocada á reutilización do papel, e polo tanto, ao seu mellor aproveitamento. Vén de dar comezo na ETS de Arquitectura da UDC, coa idea de estendela despois ao resto dos centros. A elección da ETSA non é casual, senón que nos pareceu oportuno iniciala alí debido á grande cantidade de papel que moven.
O obxectivo desta iniciativa xa se pode intuir a partir do seu eslogan “2caras, 2usos”: se unha folla de papel ten dúas caras, utilicemos ambas.
A campaña consistirá na colocación de caixas de cartón identificadas co seu logotipo e eslogan, en puntos estratéxicos como son a aula net, a biblioteca, a planta de acceso (para a presentación e publicidade da campaña) e a planta -2, a carón da cafetaría e do espazo de traballo que hai ao seu lado.
Non se trata de reciclar, xa que non está tanto nas nosas mans a acción de reciclar fisicamente, senón dun pequeno xesto que supón unha gran axuda ao medio ambiente, re_utilizando.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000