Reducindo emisións no traballo

Modelado de axentes e organizacións na transición cara a unha Europa baixa en carbono

Análise de 6 casos, entre eles o da UDC

Este proxecto, liderado polo Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da UDC, proporciona unha análise teórica e empírica das prácticas habituais nos lugares de traballo e dos factores estruturais e individuais que actúan como motores ou como restricións para a adopción de prácticas sustentables nos lugares de traballo. O proxecto desenvolve modelos baseados en axentes, proporcionando unha explicación detallada sobre a maneira de deseñar transicións cara a adopción de patróns sustentables de produción e consumo en Europa, e utiliza a técnica de escenarios back-casting, que lle permite mapear as traxectorias cara a acadar un futuro sustentable en Europa. Os resultados proporcionan descricións sobre a maneira de activar a interacción cooperativa no camiño cara a sustentabilidade.

Analízanse 6 estudos de caso, entre os que figura a propia Universidade da Coruña, e que operan en distintos contextos nacionais e internacionais ocupando distintas posición de relevancia no debate da sustentabilidade. Céntrase en tres categorías fundamentais de prácticas no traballo, responsables da emisión de gases de efecto invernadoiro en cada organización: consumo de materiais e enerxía, xeración e xestión de residuos, e mobilidade relacionada coa organización. O proxecto adopta unha perspectiva multimétodo que inclúe tanto metodoloxías cualitativas como cuantitativas (entrevistas, cuestionarios, modelado baseado en axentes, etc.). Os resultados proporcionan unha serie de recomendacións políticas que favorecen una maior comprensión de cómo o lugar de traballo pode constituír un espazo crucial para implicar a individuos e colectivos na xestión e na adopción de prácticas sustentables.

Máis información: www.locaw-fp7.com

Grupo de Investigación Persoa-Ambiente
www.people-environment-udc.org

Locaw: reducindo emisións na UDC

Os resultados relativos á UDC foron presentados e debatidos no seminario “Universidades en transición cara á sustentabilidade: da investigación á política práctica. Diálogo aberto entre a investigación e as universidades para reforzar a eficacia das políticas ambientais” celebrado na Coruña o 4 de xuño de 2014, no salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación.

Nas seguintes ligazóns presentamos as conclusións e outra documentoación relativa a esta xornada.

Vídeo final do proxecto LOCAW (26 minutos), con entrevistas sobre os seus resultados (2011-2013):