CONVENIO CMADS-UDC PARA A ANÁLISE DO IMPACTO AMBIENTAL NA UDC

Recóllese neste informe os resultados do Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (CMADS) e a Universidade da Coruña (UDC) para a análise do impacto ambiental na UDC (2007-2008).

As actividades do convenio contaron coa participación e a colaboración das seguintes persoas:

  • Xosé Lois Martínez Suárez, vicerreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental (UDC)
  • Manuel Soto Castiñeira, director da Oficina de Medio Ambiente (UDC)
  • Jesús Giz Novo, enxeñeiro, Técnico Superior de Mantementos (UDC)
  • Federico Martín Palmero, profesor de Fundamentos da Análise Económica, Facultade de Socioloxía (UDC)
  • Pedro Vega Marcote, profesor de Didáctica das Ciencias Experimentais, Facultade de Ciencias da Educación (UDC)
  • Alfonso Orro Arcay, profesor de Enxeñaría e Infraestrutura dos Transportes, Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (UDC)
  • Roberto Pardo Barro, Arquitecto
  • Asociación MOBI-LIZA, Asociación por unha mobilidade responsable

O traballo constitúe un primeiro avance sobre o estudo da mobilidade, o uso da enerxía e a pegada ecolóxica na UDC, aínda inconcluso, e inclúe diversos elementos relacionados con un plan ambiental para a área de Elviña-A Zapateira.

CONTIDOS:

  1. A Pegada Ecolóxica na UDC
    1. Consumo de auga, gasóleo e electricidade na UDC
    2. A pegada ecolóxica da UDC
  2. II. A Mobilidade na UDC
    1. Enquisa sobre o impacto ambiental da UDC
  3. III. Programa de Préstamo de Bicicletas
    1. Programa de préstamo de bicicletas na UDC curso 08/09
  4. Plan especial de medio ambiente
    1. Plan especial de medio ambiente
    2. A mobilidade non motorizada no campus de Elviña e A Zapateira da UDC
    3. Asentamento e accesibilidade da poboación estudantil na Universidade da Coruña. Unha aproximación ás formas de desprazamento estudantil utilizando as bases de datos universitarias do ano 2007.
    4. Transporte e mobilidade na escala territorial
    5. Eficiencia enerxética na edificación pública alumeado en dependencias. Adecuación dos niveis de iluminación, uniformidades e mellora da eficiencia lumínica Actuación nas aulas especiais da Escola Universitaria de Arquitectura da Universidade da Coruña
    6. Mellora da instalación de calefacción na facultade de Informática

Máis información: Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (CMADS) e a Universidade da Coruña (UDC) para o análise do impacto ambiental na UDC (2007-2008)