Oficina de medio ambiente (OMA-UDC)

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC) é un servizo dependente da Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental (VIXA). A súa función é a de participar na coordinación e realización de diferentes actuacións de tipo ambiental na UDC.
Desta forma, os obxectivos e funcións da OMA teñen que ver con dous campos prioritarios, como son a xestión ambiental xeral e a sensibilización e participación da comunidade universitaria nas cuestións relacionadas co medio ambiente.
Así, as actuacións poden encadrarse nos seguintes eidos:

  1. Avaliación, información e divulgación ambiental nos campus da UDC.
  2. Participación e corresponsabilidade ambiental
  3. Proxectos sectoriais concretos relacionados coa xestión e a sustentabilidade ambiental

A OMA non conta aínda cunha estrutura definitiva, polo que un dos obxectivos en marcha é o de crear unha estrutura de funcionamento axeitada ás posibilidades da UDC. De todas formas, a OMA xa está a participar nunha serie de actuacións e proxectos concretos que están a ser desenvolvidos pola Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental da UDC, entre os que salientan:

  1. Avaliación, información e divulgación ambiental nos campus da UDC
    • Cálculo e análise da pegada ecolóxica na UDC
    • Elaboración dun sistema de indicadores ambientais para a universidade
    • Elaboración dun sistema de información ambiental
    • Elaboración dunha guía para a sustentabilidade
  2. Participación e corresponsabilidade ambiental
    • Modelo de participación e corresponsabilidade da comunidade universitaria na xestión ambiental (Comisión de Medio Ambiente, Rede de bolseiros/as, Voluntariado...)
  3. Proxectos sectoriais concretos relacionados coa xestión ambiental
    • Plan de mobilidade sustentable
    • Auditoría e plan de eficiencia enerxética
    • Xestión sustentable de residuos orgánicos e augas residuais
    • Implantación dunha recollida selectiva avanzada de residuos
    • Proxecto Sostauga
    • Urbanismo sustentable nos campus da UDC
    • Restauración forestal, agrícola e paisaxística

       

Memoria de actividades OMA UDC 2008

Contacto:

Manuel Soto Castiñeira
Director da Oficina de Medio Ambiente (OMA-UDC)
Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental. Universidade da Coruña
Edificio Xoana Capdevielle.
Campus da Elviña s/n EP-15071 A Coruña
oma@udc.es
Tel.: +34 981 167 000 exts.: 5688 / 7769


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000