Hortas

Convocatoria 2015 de acceso ao uso das hortas comunitarias da Universidade no campus de Elviña


A horta na cidade (Primavera Ambiental 2013)

As hortas urbanas da UDC

As hortas urbanas da UDC buscan avanzar na xestión ambiental sustentábel do campus e contribuír á concienciación ambiental da comunidade universitaria e da sociedade en xeral.

A actuación por parte da UDC incluíu o peche parcial do espazo, adaptación ao novo uso, abonado de fondo con compost de calidade ecolóxica, achega de auga para rega dos cultivos e un caseto con ferramenta. As persoas usuarias (metade estudantes e metade persoal) pagan unha taxa anual e reciben unhas xornadas de asesoramento por un experto. Actualmente cóntase con 28 parcelas de 20 m2 cada unha, e espazos comúns para actuacións complementarias de tipo colectivo.

Os obxectivos do proxecto, enmarcado nos actuais procesos de ambientalización das universidades, son:

  • Facilitar o contacto co medio natural e o solo produtivo como recurso básico para a sustentabilidde, nunha sociedade cada vez máis urbanizada.
  • Fomentar a percepción do solo produtivo como recurso escaso e esencial
  • Conservar e mellorar a biodiversidade e a diversidade paisaxística no ámbito do campus, para o que os sistemas de uso tradicional nesta área son elementos chave.
  • Facilitar a reciclaxe dos restos orgánicos xerados no campus (comedores universitarios, xardinería) pechando o ciclo da materia orgánica e dos nutrientes no ámbito local.
  • Fomentar a percepción do potencial local para a produción de alimentos de calidade.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal