As persoas solicitantes que accederon ao préstamo de bicicletas (as primeiras 125 solicitudes) recibirán estes días un correo electrónico no que se lles convoca para a recollida das bicicletas. Deberán elixir unha das quendas que se indican a continuación (a Oficina de Medio Ambiente resérvase aceptar en cada quenda un número máximo de entregas):
1ª Quenda: 12.00-13.00H
2ª Quenda: 13.00-14.00H
1ª Quenda: 16.00-17.00 H
2ª Quenda: 17.00-18-00H
1ª Quenda: 12.00-13.00H
2ª Quenda: 13.00-14.00H
1ª Quenda: 16.00-17.00 H
2ª Quenda: 17.00-18-00H
1ª Quenda: 13.00-14.00H
2ª Quenda: 14.00-15.00H
Campus de Elviña, soto da Facultade de Socioloxía (o edificio que está xusto en fronte da rotonda).
ATENCIÓN: para as persoas solicitantes de Ferrol indicarase en breve o lugar e data de recollida, nun centro desa cidade.
MÁIS INFORMACIÓN: bicis@udc.es
Na seguinte ligazón recóllese a lista das primeiras 150 solicitudes, que inclúe as persoas beneficiadas co préstamo dunha bicicleta (solicitudes nº 1-125) e a lista das primeiras 25 solicitudes suplentes (126 a 150).
O elevado número de solicitudes (541) fai que nesta ocasión non se poidan satisfacer a maioría delas.
Na vindeira semana, as persoas concesionarias do préstamo recibirán información por correo electrónico para a cita de recollida de bicicleta.
As reclamacións a esta lista deben cursarse por correo eléctrónico ao enderezo bicis@udc.es
Relación provisional de solicitudes de préstamo de bicicletas
Relación completa de solicitudes de préstamo de biciletas 2011
As persoas interesados no préstamo dunha bicicleta deberán cursar a súa solicitude a través dunha aplicación informática que estará dispoñíbel nesta web (http://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/bicis/) a partir do vindeiro 27 de setembro. A adxudicación das bicicletas farase en función da orde de inscrición, ata esgotar o número máximo de bicicletas dispoñíbeis en cada un dos tamaños. A oferta atinxe nesta convocatoria a unhas 130 unidades, a metade aproximadamente de tamaño grande (28”) e outra metade de tamaño medio (26”).
O prazo para a inscrición de solicitudes vai do 27 de setembro ao 6 de outubro de 2011
Máis información: Convocatoria programa de préstamo de bicicletas 2011/2012
Solicitude bicis 2011/2012
Nota: o formulario de solicitude non se activará até o 27 de setembro de 2011.
En resposta ás dúbidas formuladas por participantes no Programa de Préstamo de Bicicletas, redactáronse unha serie de documentos aos que se pode acceder ao final deste parágrafo. Neles poden atoparse información sobre a circulación pola cidade da Coruña e o acceso aos campus de forma segura para os membros da comunidade universitaria que desexen usar a bicicleta para os seus desprazamentos. O deseño dos itinerarios para o acceso en bicicleta a UDC foi realizado polo membros da asociación Mobi-Liza (Asociación por unha Mobilidade Responsable). O traxecto desde a Ponte Pasaxe e o Burgo explícase polo miúdo no primeiro destes documentos.
. Rutas de acceso ó campus en bicicleta
. Acceso á UDC desde fóra da Coruña (Ponte Pasaxe e O Burgo)
. Campus Elviña (UDC)-A Palloza
. A Palloza- Campus Elviña (UDC)