Proxecto Ríos: inspección do río Lagar

Campus de Elviña

cartaz
  • Data: 25 outubro 2017
  • Horario: 12:00 h
  • Punto de encontro: Porta Fac. Economía e Empresa
  • Imparte: Proxecto Ríos - ADEGA
  • Prazas limitadas. Inscricións en: oma3@udc.es

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos de Galiza. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixilancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Estas inspeccións realízanse dúas veces ao ano, primavera e outono, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos. É unha oportunidade para coñecer esta metodoloxía e aprender como protexer e desfrutar dos ríos, e un primeiro paso para crear un grupo autónomo de protección dos ríos.

Estudaremos o treito do río do Lagar situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigación e a Facultade de Economía e Empresas. O río do Lagar nace nos montes da Zapateira e aliméntase de mananciais procedentes co Monte da Fraga e os campus da Zapateira e Elviña.

Organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, coa colaboración do Concello da Coruña.