Taller de cajas nido para murciélagos

Miércoles 15 de mayo

Obradoiro de caixas niño para morcegos

O mércores 15 de maio terá lugar na Escola Técnica Superior de Aquitectura da Universidade da Coruña o Obradoiro de Caixas Niño para Morcegos organizado pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA.

A xornada comezará ás 16:30 da tarde cunha pequena charla informativa a cargo de Roberto Hermida da Asociación DROSERA e a continuación terá lugar o obradoiro no Taller de Maquetas da ETS de Arquitectura. Unha vez feitas as caixas procederemos a penduralas nas árbores do campus. Posteriormente encargarémonos do seu seguimento.

A ”Asociación Drosera para o Estudo e Conservación do Medio Natural” naceu coa teima de traballar desde unha perspectiva integradora na conservación do medio natural galego. O enorme descoñecemento dos morcegos existente aínda hoxe en Galiza, a súa importancia na dinámica dos ecosistemas e a vulnerabilidade das súas poboacións, levounos a amosar unha especial debilidade por este grupo faunístico. Froito deste interese xurdiu “Morcegos de Galicia”, o programa que aglutina todas as iniciativas de investigación, conservación, divulgación e sensibilización que realizan desde Drosera.

Ata o momento constatouse en Galiza a presenza de 23 especies diferentes de morcegos. Para eles o refuxio é fundamental. Nel non só descansan durante o día, senón que teñen lugar os partos, a lactancia, o coidado das crías ou a hibernación. Un xeito cotiá de construír refuxios para morcegos é mediante caixas-refuxio feitas con táboas de madeira e ferramentas haituais que teñamos na casa, para que resistan ben a intemperie e teñan unha boa inercia térmica e regulen a humidade interior.

Prazas limitadas a 20 persoas. Inscricións en: oma3@udc.es
 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000