Entrega de bicis, taller y ruta guiada del campus a la ciudad

Campus de Elviña

O xoves 5 de outubro entre 18:30 e 19:30 h, a Oficina de Medio Ambiente da UDC procederá á entrega de bicicletas no campus de Elviña (Pavillón de Estudantes).

Durante a entrega das bicicletas, contaremos coa colaboración de persoas expertas no uso da bicicleta, da Asociación Mobi-Liza, que nos informarán e orientarán sobre o uso da bicicleta, ergonomía, mantemento, e circulación segura.
A continuación da entrega, ás 19:30h, teremos unha saída en grupo até o centro da Coruña (Catro Camiños, A Palloza), para coñecer un dos itinerarios preferentes para a bici entre a cidade e o campus.

Tanto o obradoiro como a ruta repetiranse o venres día 6, de 13 a 14 h, actividades que se enmarcan na semana da UDC Saudable.