Seguindo a programación da primavera ambiental, a Oficina de Medio Ambiente convoca dúas actividades de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) que se celebrarán o 22 e 29 de maio no Campus da Zapateira.
O 22 de maio, conmemorando o día mundial da biodiversidade, aproveitaremos para construír unha charca no monte da Fraga, o que favorece a recuperación das poboacións de anfibios, odonatos…
O 29 de maio aproveitaremos para eliminar especies exóticas invasoras no monte da Fraga. As especies exóticas invasoras son hoxe a segunda causa de perda de biodiversidade no planeta.
Cada unha das xornadas de traballo irá acompañada dunha charla introdutoria para coñecer a problemática.
O programa é o seguinte:
Para participar na xornada é importante inscribirse no correo oma3@udc.es para que poidamos preparar a ferramenta e o xantar.
Podedes anotarvos á unha ou ás dúas xornadas. No caso de non poder asistir á xornada completa, e queredes participar un tempo limitado, tamén podedes facelo: enviade un correo indicando a vosa dispoñibilidade.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000