Ruta en bici e obradoiro de ergonomía

Ruta desde o centro da Coruña ata o campus

Todas aquelas persoas que desexen coñecer unha ruta segura e alternativa para chegar ao campus desde o centro da Coruña en bicicleta, poden achegarse o 15 de novembro ás 16:00 h á praza de Pontevedra, en bici, para subirmos desde alí até Elviña.

A continuación, ás 17 h no edificio Xoana Capdevielle, dará comezo un obradoiro impartido pola asociación Mobi-Liza, onde aprenderemos os coidados básicos da bicicleta. Os axustes, o coidado e as reparacións da nosa montura son un factor crucial para facer dela un medio de transporte cotián, eficiente e fiable.

Esta actividade ten prazas limitadas. Se queres inscribirte envía un correo a bicis@udc.es antes do venres 9 de novembro, indicando en cal das actividades participarás: a) ruta dende a Praza de Pontevedra a Elviña, b) Obradoiro.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000