A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, dúas xornadas de Voluntariado Ambiental na UDC.
O mércores 30 de novembro ás 12:00, no salón de actos da Facultade de Ciencias (Campus da Zapateira), terá lugar unha charla informativa do Proxecto Ríos.
O xoves 1 de decembro, desde ás 11:00 e ata as 14:00 desenvolverase a actividade "Limpeza do río Lagar", sendo o punto de encontro o Edificio de Servizos Centrais de Investigación (Campus de Elviña).
Salientar que podedes incorporarvos ás actividades no momento que queirades. Para participar na limpeza, cómpre levar roupa e calzado axeitado.
Se precisades máis información ou queredes contactar con nós ou cos nosos colaboradores podedes facelo nos seguintes enderezos de correo-e e teléfonos:
oma2@udc.es / 981 16 70 00 ext. 5693
lucia@adega.info / 981 57 00 99
Limpeza do río Lagar
Data: 1 de decembro
Charla informativa
Data: 30 de novembro
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000