Primavera ambiental na UDC

Ciclo de conferencias, obradoiros e exposicións

A oficina de medio ambiente (OMA) da Universidade da Coruña organiza un ciclo de conferencias, obradoiros e exposicións baixo o título de Primavera ambiental.

O ciclo vai do 24 de abril ao 29 de maio, e nel tocaremos varias temáticas como o impacto do lume nas Fragas do Eume, mobilidade, a calidade do aire, xestión de residuos, aforro enerxético e aproveitamento da auga. Incorporan en xeral unha análise da situación na propia Universidade da Coruña, sen perder de vista a situación do país e as propostas de mellora individual e colectiva.

As conferencias contarán coa participación de diferentes expertos e expertas que nos achegarán a súa visión sobre a temática. Nalgúns casos, despois da conferencia teremos a oportunidade de facer unha visita guiada a exposición da pegada ecolóxica e a mobilidade sustentábel, poderemos asistir a un obradoiro para aprender a reutilizar e facer papel reciclado, teremos a oportunidade de coñecer os composteiros comunitarios do campus e aprender a xestionar correctamente os residuos orgánicos, daremos uso ao compost plantando un pequeno horto, e celebraremos o ano internacional da eficiencia enerxética co I encontro solar na UDC. Neste encontro poderemos comprobar os diferentes usos da enerxía solar, cociñaremos e teremos unha mostra dos diferentes aparellos solares. Un ciclo de curtametraxes de temática medioambiental pechará as xornadas.

As persoas interesadas poden solicitar un crédito de libre configuración; para iso deben enviar un correo a oma2@udc.es.

Programa:

24 abril

Ás 12:00 h, Facultade de Ciencias, Aula 13 (1,5 h)
O impacto do lume no Parque Natural das Fragas do Eume
Carlos Muñoz Martínez, Xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña (Xunta)
Marcelino Fuentes, profesor de Ecoloxía da UDC
Ernesto Lopes Dias, representante de ADEGA

25 abril

Ás 17:00 h, Facultade de Economía e Empresa, Salón de Graos (1,5 h)
Mobilidade e sustentabilidade. Os desprazamentos ao Campus
Benito Pérez, profesor da Facultade de Economía e Empresa
Francisco García, Asociación por unha mobilidade sustentábel Mobi-Liza

A continuación da charla (aprox. 18:30 h)
Visita guiada ás exposicións sobre a pegada ecolóxica da mobilidade (1 h)

2 maio

Ás 12 h, Facultade de Ciencias, Salón de Actos (1,5 h)
A calidade do aire na cidade e no campus
Purificación Mahía, profesora da Facultade de Ciencias,
Guillermo Leira Nogales, Departamento de calidade ambiental do concello da Coruña

8 maio

Ás 11 h, ETS Arquitectura (1,5 h)
Obradoiro de reciclaxe. Proxecto re_utilizando
Bolseiros/as Medio Amb. OMA-UDC. ADEGA.

Ás 12:00 h, Facultade de Ciencias, Salón de Actos (1,5 h)
A xestión dos residuos
Fins Eirexas, Asociación ecoloxista ADEGA
Marcial Blanco, cooperativa de consumo responsábel Zocamiñoca (A Coruña)
Miguel Varela, empresa Teimas

Ás 16 h, Praza da Fraga (Ciencias-Arquitectura)
Obradoiro de compostaxe e horta ecolóxica (1,5 h)
Bolseiros/as Medio Amb., OMA-UDC
Rosane da Silva, Facultade de Ciencias
María R. Lafuente, ADEGA

15 maio

A partir das 11:00 h, Praza da Fraga (Arquitectura-Ciencias, 1,5 h)
I ENCONTRO SOLAR NA UDC (ADEGA)

Ás 12:00 h, ETS Arquitectura, Salón de Actos (1,5 h)
Actuacións en melloras no uso da enerxía na UDC e novas propostas
Jesús Giz, Técnico superior de mantementos da UDC
José M. Golpe Acuña. Fundación Axencia Enerxética da Provincia de A Coruña (FAEPAC).
Ramses Pérez, Asociación ecoloxista ADEGA

22 maio

Ás 12:00 h, ETS Camiños, Sala de Graos (1,5 h)
Proxecto SOSTAUGA para a xestión sostible da auga na UDC
Juan Cagiao, profesor da ETS Camiños
José Luis Otero Ferrer, Biólogo (bolseiro OMA-UDC)
Manuel Soto, director OMA-UDC

29 maio

Ás 17:00 h, Facultade de Ciencias, Salón de Actos (2 h)
Ciclo de curtametraxes de temática ambiental. Peche das Xornadas.

Solicitado 1 CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN: As persoa interesadas deberán inscribirse enviando un correo a oma2@udc.es, onde terán información adicional. Deberán participar nun mínimo de 10 h a elixir entre as actividades ofertadas; a estes efectos, indicase o tempo que computará a participación en cada unha das actividades.

Organiza: Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC).
Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas
Coa participación da Asociación ADEGA.

Memoria

MEMORIA Primavera ambiental UDC 2012


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000