Obradoiro 'Ergonomía e mantemento básico da bicicleta'

A oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña (UDC), organiza un obradoiro sobre Ergonomía e mantemento básico da bicicleta o día 28 de marzo no edificio Xoana Capdevielle (campus de Elviña), no que poderá participar calquera persoa interesada.

Durante a sesión explicaranse os coñecementos básicos de mecánica que se precisan manexar para realizar o mantemento mínimo das bicicletas e recomendacións para circular pola cidade.

Haberá dúas quendas de 1.5h cada unha:
1ª QUENDA 17:00 - 18:30 h
2ª QUENDA 18:30 - 20:00 h

Todas as persoas que queiran participar no obradoiro deberán enviar un correo-e a bicis@udc.es antes do vindeiro luns 26 ás 12:00h, e indicar cal das quendas prefiren. En función das solicitudes, o luns confirmarase se se manteñen as dúas quendas.

diary

Obradoiro

Date: March 28


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000