Programa da III Feira da Sustentabilidade. Feira de Nadal

12 decembro 2012. Facultade de Economía e Empresa. Campus Elviña

O 12 de decembro celébrase a III Feira da Sustentábilidade na UDC. Aproveitaremos a chegada do Nadal para achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo dos e das artesáns. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.

Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros como elaboración de cosméticos naturais, elaboración de obxectos a partir de papel reutilizado con técnicas de cestería e coñecer xogos tradicionais.

Un membro do Proxecto Fiare explicaranos en que consiste o proxecto da banca ética (charla-debate).

E por ultimo, poderemos trocar os obxectos que xa non precisamos nun mercadiño de troco
Esta feira terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da universidade de A Coruña, no campus de Elviña, nun horario de 11h a 19h.

Programa

11.00 h Apertura da III Feira de Nadal

11:15 h Inauguración da III Feira de Nadal

11.30 h Charla- debate: Fiare, Banca ética (a cargo de Raúl Asegurado, presidente da asociación Fiare Galiza) Aula O.5

12.30 h Obradoiro: Cestería con papel. FEITO CON XEITO. 1º Andar

17:00 h Obradoiro: Cosméticos naturais. ADEGA. 1º Andar

Ademais en horario continuado.

Exposición de xogos tradicionais. A casa dos xogos. 1º Andar

Mercadiño de Troco. 1º Andar

Mais información: http://sustentabilidadenaudc.blogspot.com.es/ 

Descargas:


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000