Crónica da III Feira da Sustentabilidade (Feira de Nadal)
Programa da III Feira da Sustentabilidade. Feira de Nadal
Ruta en bici e obradoiro de ergonomía
MEMORIA ACTIVIDADES do persoal bolseiro 2011-2012
Obradoiro "Ergonomía e mantemento básico da bicicleta"
I Ciclo de conferencias Responsabilidade Social e Medio Ambiente
Xornadas de Voluntariado na UDC
Proxecto Ríos na UDC os días 30 de novembro e 1 de decembro
Memoria de actividades de divulgación ambiental do persoal bolseiro 2010-2011
Xornada sobre a compostaxe na UDC
Primavera ambiental na UDC - Do 14 de abril ao 12 de maio 2011
Exposición sobre a pegada ecolóxica na UDC
O xoves día 2 de decembro a partir das 11:30, no corredor principal da Facultade de Ciencias terá lugar a I Feira Sustentable da UDC. Creativa, amena, divertida...na que as persoas participantes van ter moito que dicir.
Esta feira, organizada pola SGEA, a FEG e a Oficina de Medio ambiente da UDC, ofrece diferentes espazos interactivos nos que a comunidade universitaria poderá afondar sobre a problemática socioambiental e a súa relación coa nosa pegada ecolóxica dunha forma creativa e moi participativa.
Para fomentar dita participación, ás persoas que se acheguen ao espazo e se involucren no mesmo poderán gozar de balde dunha bebida de comercio xusto e mais dun doce (galleta, rosquilla ou equivalente) de produción ecolóxica e local.
Este espazo contará cun mercado do troco, onde todas as persoas que o desexen poderán trocar obxectos que traian das súas casas, que xa non precisen mais que estean en bo estado, por outros que outras persoas trouxeron e que lles poden ser útiles.
Tamén haberá un mural de elaboración participativa sobre os nosos hábitos insustentables, é o Miradoiro da Insustentabilidade; sinxelos xogos que convidan á reflexión denominados Retos da Sustentabilidade; un espazo dedicado á construción conxunta da complexidade da problemática ambiental, a través do taboleiro Miúdo Lío; e outro mural de elaboración participativa denominado Miradoiro da Sustentabilidade.
A maiores contaremos cunha zona dedicada ao comercio xusto e outra dedicada aos produtos ecolóxicos locais e de tempada e poderemos visualizar a exposición sobre a Pegada Ecolóxica elaborada pola SGEA, FEG e a UDC. Esta exposición contén os primeiros datos dispoñíbeis sobre a pegada ecolóxica da propia UDC.
E todo o espazo estará dinamizado polo inigualable I-man que nos sorprenderá nos momentos máis inesperados...
Contarase ademais co apoio da rede de bolseiras e bolseiros da Oficina de Medio Ambiente que axudarán na difusión e desenvolvemento desta I Feira da Sustentabilidade da UDC.
Xoves 25 de novembro, a partir das 11:30 a 14 h.
Punto de encontro: rampla do Edificio de Servizos Centrais de Investigación entre 11:30 e 12:10 h. Limpeza no Río do Lagar, entre 12:10 e 14:00 h.
Cómpre levar roupa e calzado axeitados, para achegarse ao río.
Un dos problemas máis graves que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos leitos e ribeiras, maiormente plásticos e entullos. Dende o Proxecto Ríos e a UDC queremos concienciar da necesidade de manter limpos os nosos ríos e promover actitudes responsábeis cara a conservación do medio. O coidado e o respecto polo contorno farían innecesarias nun futuro actividades como esta, de aí que depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos. Entregarase aos participantes un Protocolo para a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, así como o material necesario para a limpeza.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente enviando un correo a oma2@udc.es
Informe das actividades realizadas no marco do Proxecto Ríos na UDC
Venres 4 de xuño, ás 12 h:
Visita guiada ao monte da Fraga (A Zapateira) e participación na eliminación manual de especies invasoras (eucalipto e outras)
Lugar: cita ás 12 h ao pé do invernadoiro no lateral da Facultade de Ciencias. Posibilidade de incorporación posterior aos traballos de eliminación da flora invasora, até as 13:30 h.
Luns 7 de xuño, ás 13 h:
Saída en bicicleta desde Elviña ate a praza da Palloza (A Coruña)
Lugar: Edificio Xoana Capdevielle (Elviña), ás 13 h; Rotonda pistas polideportivas ás 13:15 h, e chegada á praza da Palloza ás 14 h.
Non é preciso inscrición.
Máis información: Actividades Día Mundial do Medio Ambiente 2010
Cartaz do Día Mundial Mundial do Medio Ambiente 2010
En xaneiro de 2010 comezou no campus central da UDC un programa de voluntariado ambiental seguindo a metodoloxía do proxecto Ríos, coa que se busca coñecer, inspeccionar e avaliar a situación ambiental tanto dos ríos que transcorren polo espazo do campus como do contorno asociado a eles. Prestarase especial atención ao estudo da flora invasora no campus e ás fórmulas de custodia do territorio.
O proxecto contará con actividades que se desenvolverán dende xaneiro a maio de 2010, ás que progresivamente poderán incorporarse as persoas interesadas.
Poden apuntarse tanto persoas a nivel individual (estudantes, PDI e PAS) como grupos autoorganizados, incluíndo grupos de alumnos de materias relacionadas coa xestión da auga e os ríos, ou a xestión e a educación ambiental. Así mesmo, é posíbel a participación de persoas de fóra da UDC.
Lugar: campus central da UDC ((Elviña-A Zapateira)
Datas: xaneiro-maio 2010
Máis información: Proxecto ríos
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000