Centro de Estudos de Xénero e Feministas

Benvidas/os a este espazo virtual do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña (CEXEF). Este Centro é un espazo de investigación de carácter aberto e multidisciplinar, no que teñen cabida todas aquelas persoas que desenvolven liñas investigadoras en materia de xénero e/ou feminismo. Está composto por profesorado que leva anos traballando nestes ámbitos con traxectorias xa consolidades e tamén por persoas que inician o seu percorrido na área do xénero. Nútrese de disciplinas que levan décadas incluíndo a perspectiva de xénero no seu desenvolvemento e por outras cuxa incorporación é moito máis recente.

É tamén un espazo de formación onde se desenvolverán cursos en torno a diversas temáticas e dirixidos a distintos tipos de público, co obxectivo de ofertar contidos e formatos de gran calidade que redunden nunha mellora tanto da actividade investigadora como da práctica profesional neste ámbito, no caso de persoas que traballan ou queren traballar no eido da igualdade.

Por último, o CEXEF quere ser un espazo de encontro e de diálogo en permanente contacto coa realidade social máis próxima, así coma con redes de traballo e comunicación que nos permitan establecer conexións con outras latitudes.

Actualmente este centro está dirixido por Rosa Cobo Bedía, profesora da Facultade de Socioloxía.

Regulamento do Centro de Estudos de Xénero e Feministas

Contacto:
Pavillón de Estudantes – 1.º andar
Campus de Elviña – A Coruña
Tel: 981 167000 ext. 2388
Correo electrónico: cexef@udc.es
 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal