Ricardo Cao Abad

Vicerreitor de investigación e transferencia

Catedrático de Universidade de Estatística e Investigación de Operacións na Universidade da Coruña desde 1999.

Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1988 (con premio extraordinario e primeiro premio nacional) e doutor pola mesma universidade en 1990 (con premio extraordinario).

A súa investigación abrangue a inferencia non paramétrica, os métodos de remostraxe, a análise de supervivencia, a verosimilitude empírica, o risco de crédito e os métodos estatísticos en xenómica e neurociencia. É autor de sete libros e máis de setenta artigos en revistas internacionais. Dirixiu sete teses de doutoramento e foi investigador principal dunha ducia de proxectos de investigación competitivos, e de nove contratos de investigación con empresas, tendo participado como membro noutros quince proxectos e contratos.

Membro da Bernoulli Society e da Sociedad Española de Biometría. Foi membro do Consello Académico da Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO). Editor de distintas revistas do JCR, é Presidente de European Courses in Advanced Statistics (ECAS) e membro electo do International Statistical Institute (ISI). Coordinador de Matemáticas na Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva (ANEP) do Ministerio de Ciencia e Innovación (2008-2011).

Entre 2005 e 2008 foi director do Departamento de Matemáticas e membro do Consello de Goberno. Desde abril de 2011 é novamente membro do Consello de Goberno, en representación do Claustro.

vicerreitor

Ricardo Cao Abad
Tel.: +34 981 167 000 ext.: 1156

adxunta a investigación

Nieves Rodríguez Brisaboa
Tel.: +34 981 167 000 ext.: 1154
ai.vit@udc.es

adxunto a transferencia

Jerónimo Puertas Agudo
Tel.: +34 981 167 000 ext.: 1035
at.vit@udc.es 

secretaria

Mª Ángeles Romero Gómez
Tel.: +34 981 167 000 ext.: 1153
vit@udc.es

xefa de servizo de investigación

Mercedes Varela Doval
Tel.: +34 981 167 000 ext: 1060
mvarelad@udc.es

xefa da sección de proxectos e axudas á investigación

Mayte García Arias
Tel.: +34 981 167 000 ext: 1051
proxectoseaxudas@udc.es

xefa da sección de persoal e axudas propias

Rosa M. Míguez Suárez
Tel.: +34 981 167 000 ext: 1053
secpersoaleaxudasudc@udc.es

 

logo UE