Reitor

O reitor é a máxima autoridade da Universidade da Coruña, ostenta a súa representación, exerce a súa dirección, coordina a xestión tanto académica como administrativa, preside o Claustro Universitario e mais a Xunta de Goberno, executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno e responde da súa xestión perante o Claustro.

O reitor será elixido pola comunidade universitaria, mediante elección directa e sufraxio universal, libre e secreto, entre funcionarios do corpo de catedráticos de universidade, en activo, que presten servizos na Universidade da Coruña. Será nomeado polo órgano correspondente da Xunta de Galicia.

O voto para a elección de reitor será ponderado de conformidade coas seguintes porcentaxes:

51% correspondente ao profesorado doutor con vinculación permanente á Universidade.
12% correspondente ao resto do PDI.
28% correspondente aos estudantes.
9% correspondente ao persoal de administración e servizos.

O mandato do reitor será de catro anos, sendo reelixible por unha soa vez consecutiva.

O reitor cesará nas súas funcións ao final do seu mandato, por pedimento seu ou cando o Claustro, con carácter extraordinario, aprobe, de acordo coa lei, eleccións a reitor.

Reitor

Xosé Luís Armesto Barbeito