Talleres Tecnolóxicos


Ver Universidade da Coruña nun mapa máis grande

Edificio de nova construción -Universidade da Coruña, 2001-. Premio de Arquitectura Rodolfo Ucha 2003.

Ocupa o espazo correspondente a unha zona do Camiño de Ronda da Antiga Muralla da cidade -zona polémica, 1928-. No Proxecto Tollet (1894) este espazo non pertencía ao "Hospital da Nosa Señora das Dolores" e, após a súa cesión por parte do Exército de Terra -Guerra-, foi construído neste emprazamento un edificio de planta baixa que incluía unha sala para cento dez camas -1940-. Con posterioridade, -1946 aloxou vinte e dúas camas máis e celas para tolos e presos.

Arquitectos: D. Carlos Meijide Calvo e D. Jorge Meijide Tomás.
Construtor: José Malvar Construcciones, S. A.

Coordenadas GPS: 43° 28' 59.3754'' N 8° 13' 22.5834'' W (Descargar POI da UDC)

Enderezo: R/ Mendizábal, s/n. 15403 - Ferrol

Autobuses que veñen ao campus: liña 1-2, liña 1, liña 3, liña 4, liña 7, liña 9, liña 22, liña 34, liña 35, liña 43, liña 47, COVAS e SAN XURXO