Facultade de Ciencias do Traballo


Ver Universidade da Coruña nun mapa máis grande

Construción realizada para pavillón de Tocoxinecoloxía, segundo un proxecto de 1969 realizado polo "Servizo Técnico de Casco e Máquinas e Instalacións Navais en Terra" do "Arsenal de Ferrol".

Ocupa o anterior emprazamento dun edificio de andar baixo e soto correspondente ao Proxecto de "Hospital da Nosa Señora das Dolores" -Tollet 1894-, destinado a servizos varios -estufa, desinfección, carpintaría, despensas, obradoiros de forxa, etc.- que foi demolido na primeira década do século XX.

Arquitecto autor da reforma: D. Vicente Fernández Couto.
Construtor: Necso Entrecanales y Cubiertas.

Con posterioridade o Servizo de Obras da Universidade da Coruña realizou numerosas reformas.

Coordenadas GPS: 43° 28' 59.448'' N 8° 13' 25.967'' W (Descargar POI da UDC)

Enderezo: R/ San Ramón, s/n. 15403 - Ferrol

Autobuses que veñen ao campus: liña 1-2, liña 1, liña 3, liña 4, liña 7, liña 9, liña 22, liña 34, liña 35, liña 43, liña 47, COVAS e SAN XURXO

Información