Facultade de Enfermaría e Podoloxía


Ver Universidade da Coruña nun mapa máis grande

Pavillón de Oficiais do Antigo "Hospital da Nosa Señora das Dolores", obra de Rodolfo Ucha Piñeiro en construción en 1940. Ocupa unha parte do Camiño de Ronda da antiga muralla da cidade -zona polémica- cedida ao Hospital polo Exército de Terra -Guerra-. O seu trazado en andar corresponde á forma do baluarte da muralla que se alzaba na súa proximidade.

Rodolfo Ucha foi entre 1912 e 1915 arquitecto da Armada, e posteriormente arquitecto municipal de Ferrol. Considérase o mellor arquitecto modernista galego, con innumerables exemplos na cidade de Ferrol. Para este edificio, Ucha deseñou tamén algúns mobles e lámpadas que, por desgraza, desapareceron.

Arquitecto autor da reforma: D. Felipe Peña Pereda.
Construtor: Necso Entrecanales y Cubiertas.

Coordenadas GPS: 43° 29' 0.1674'' N 8° 13' 24.2754'' W (Descargar POI da UDC)

Enderezo: Campus de Esteiro. 15403 - Ferrol

Autobuses que veñen ao campus: liña 1-2, liña 1, liña 3, liña 4, liña 7, liña 9, liña 22, liña 34, liña 35, liña 43, liña 47, COVAS e SAN XURXO

Información