Centro de Investigacións Tecnolóxicas 2


Ver Universidade da Coruña nun mapa máis grande

Pavillón denominado número oito destinado a presos no Proxecto de "Hospital da Nosa Señora das Dolores" -Tollet 1894-. Con posterioridade foi destinado a Pavillón de "Clases" -suboficiais- e nos últimos días do hospital, a "Sala de Recoñecementos". Bautizouse co nome de "García Loranca" en honra a este insigne médico morto en Filipinas en 1874. É o único exemplo de pavillón de andar baixo e soto que chegou ata os nosos días, xa que os restantes foron demolidos, de aí a súa importancia.

Foi rehabilitado en 1994 para usos de comedor universitario pola Universidade da Coruña e, aínda que cun escaso orzamento, foi respectado tanto o seu cerramento orixinal como a bóveda ventiladora do Proxecto Tollet que, de acordo aos datos dispoñibles, é única no mundo dentro da súa tipoloxía.

Arquitecta autora da reforma: Dª. Mercedes Insua Cabanas.
Construtor: Imasa.

Coordenadas GPS: 43° 28' 56.9634'' N 8° 13' 22.8714'' W (Descargar POI da UDC)

Enderezo: Campus de Esteiro. 15403 - Ferrol

Autobuses que veñen ao campus: liña 1-2, liña 1, liña 3, liña 4, liña 7, liña 9, liña 22, liña 34, liña 35, liña 43, liña 47, COVAS e SAN XURXO