
Co gallo do Día das Letras Galegas a Vicerreitoría de Cultura e Comunicación, coa colaboración do SNL, organizou un acto literario-musical colectivo e aberto a toda a comunidade universitaria consistente na lectura e interpretación de textos en lingua galega.
Nel participaron membros dos tres colectivos universitarios que lle puxeron voz, entre outros, ao autor homenaxeado -Ramón Piñeiro-, a Castelao, a Rosalía de Castro, aos trobadores medievais, a Xohán Vicente Viqueira, a Blanco-Amor, a Cunqueiro, a Mario Benedetti, a Méndez Ferrín, a Sechu Sende, a Caetano Veloso...
O acto tivo lugar no serán do 18 de maio de 2009 no Paraninfo da Reitoría. A seguir, podes velo na súa totalidade fragmentado en catro partes.
Primeira parte
Voces nas Letras. Universidade da Coruña 18/05/2009 (parte I)
Participantes: José María Barja Pérez, Marisol Ríos Noia e Luís Fernández Ríos, Primitivo González Fernández, Xulio Ferreiro Baamonde, Rita Más Ibáñez, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Maite Noia Andrade, Carlos Paulo Martínez Pereiro e José Rodeiro Segade.Segunda parte
Voces nas Letras. Universidade da Coruña 18/05/2009 (parte II)
Participantes: Cilha Lourenço Módia, María Vega García, Alva Martínez Teixeiro, Teresa González Martínez, Xesús Penedo Pallas, Isabel Ruíz, Alberto Núñez Cardezo, Socorro Castro e Margarita Alonso, Teresa López Fernández, María Xosé Barreiro González e Wenceslao García Pérez.
As intervencións musicais foron a cargo de Julián Jesús Pérez Fernández, director da Aula de Música da UDC (piano), e o profesor Xosé Manuel Sánchez Rei (frauta).Agradecemos o labor de gravación e edición do Servizo de Recursos Audiovisuais da UDC





