Vocabularios terminolóxicos na rede
A seguir, ofrecémoslle unha serie de ligazóns para consultar na rede diferentes vocabularios de terminoloxía específica. Para acceder ás ligazóns de cada área temática, prema o título que desexar consultar.
Arte
- Padín Romero, A. (2006):Glosario da arte contemporánea inglés-galego-español: unha achega baseada en córpora comparables á terminoloxía da arte relacionada coa actividade museística. Vigo, Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo (descarga do documento en pdf).
- Souto García, M. B. (2002):Vocabulario das artes gráficas, obradoiro de encadernación; Vigo, Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. En liña. Última consulta: 5 de decembro de 2007.
- Rozados Gómez, A. (2001):Glosario inglés-galego de conceptos pictóricos: movementos, estilos, escolas, técnicas e xéneros. Vigo: Universidade de Vigo-Facultade de Filoloxía e Tradución. [Proxecto de fin de carreira] En liña. Última consulta: 5 de decembro de 2007.





