Dicionarios na rede

Entre as moitas posibilidades que nos ofrece a rede, unha delas é a consulta de diferentes dicionarios.


Enciclopedia Galega Universal

Versión en liña da Enciclopedia Galega Universal que conta con máis de 200 000 entradas acompañadas moitas delas de imaxes, arquivos sonoros e animacións

Accede á Enciclopedia Galega Universal

Dicionario de galego Ir Indo

É o primeiro dicionario normativo na rede e un dos máis completos. Incorpora etimoloxías e equivalencias en portugués, español e inglés, tamén insire sinóminos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos, á parte doutras seccións

Accede ao Dicionario de galego Ir Indo

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Versión electrónica do Vocabulario Otográfico da Lingua Galega.

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Texto íntegro das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego coas modificacións introducidas pola Real Academia Galega na súa sesión plenaria do 12 de xullo de 2003.

Accede ao texto das Normas

Galizionario

Ferramenta colaborativa, pertencente ao proxecto Wikipedia, con máis de 15 000 entradas. Tanto a Wikipedia como o Galizionario carecen de validación científica, con todo, poden servir de grande axuda.