Correctores ortográficos
Corrector ortográfico en liña Ortogal
O corrector ortográfico Ortogal é un recurso en liña que desenvolveu o Seminario de Lingüística e Informática da Universidade de Vigo. Permite a corrección de textos de até 10 000 caracteres, mais non conserva o formato do documento. Con todo é unha ferramenta moi útil xa que as alternativas que achega e a solución dos erros son bastante avanzadas.
Prema aquí para acceder en liña ao corrector Ortogal
Correctores para OpenOffice.org
Corrector ortográfico para OpenOffice.org
Se vostede instalou a versión en galego do OpenOffice.org no seu ordenador a través dun cedé ou desde o portal Mancomun.org, xa terá instalado o corrector ortográfico. Se non é así, pode descargalo se preme nesta ligazón.
Corrector gramatical Golfiño para OpenOffice.org
O corrector gramatical Golfiño, desenvolvido pola empresa Imaxin|software, permite a detección de erros de sintaxe, de estilo e de concordancia, un feito que non é posible cos outros correctores, que só se centran na ortografía da palabra. Na actualidade, o galego é a primeira lingua do Estado en contar cun corrector gramatical para o OpenOffice.org.
Pode descargar este corrector tanto se emprega Windows, como Linux ou Mac nas ligazóns seguintes
Para ler as instrucións para a súa descarga, pode ver a ligazón seguinte do portal Mancomun.org.
Corrector ortográfico para Windows
Se, pola contra, prefire as alternativas privativas no software e emprega o Windows, este tamén ten corrector ortográfico para o seu procesador de texto e os seus programas máis importantes.
Para comprobar se o seu computador ten o corrector de galego instalado, debe revisalo ao premer en Ferramentas -- Idioma -- Definir idioma . A partir de aqu´ ten dúas posibilidades:
-
Se ten unha versión instalada, posibelmente se trate da versión anterior do corrector que aínda non est´ adaptada ´ normativa de 2003. Por tanto, só terá que descargar a nova versión.
-
Se, pola contra, aínda non ten ningún corrector de galego no seu computador, primeiro ten que descargar a primeira versión, o corrector 2mil, e logo actualizalo coa segunda versión, xa adapatada ´ actual normativa, o 2mil3.
Prema aquí para informarse de como descargar e empregar o corrector ortográfico para Windows.
Exeria: aplicación para unha linguaxe non-sexista
O proxecto Exeria consiste nunha aplicación que se integra no OpenOffice e funciona como un corrector ortográfico propondo alternativas para un uso non-sexista da linguaxe.
A súa páxina web tamén conta cun buscador de termos e un glosario de utilidade para coñecer as formas recomendadas.
Visita a páxina do proxecto aquí





