Publicacións

O SNL dispón xa dun amplo abano de publicacións como resultado do seu labor diario de asesoramento e de corrección, da necesidade de atender ás linguaxes de especialidade e da organización de actividades de formación e dinamización. A súa elaboración obedece ao desexo de lle ofrecer á comunidade universitaria en particular, e ao público en xeral, volumes con que poder consolidar un modelo de lingua culto e de calidade, que contribúan á introdución da lingua galega en ámbitos científico-técnicos ou sirvan para o debate ou mellor coñecemento sobre a situación da lingua galega en distintos ámbitos sociais e de traballo.

A navegación polo panel da esquerda serve asemade de clasificación ou organización por temática, coleccións ou finalidade dos volumes en cuestión. Se da consulta da versión electrónica, tes interese en dispor dun exemplar en papel non dubides en contactar co Servizo para falarmos da súa dispoñibilidade e envío.