Política lingüística

O galego é unha lingua minorizada que, despois dunha primeira fase de normalización plena, sufriu un forte desprestixio social durante séculos cunha perda progresiva de falantes que se fixo máis importante ao longo do XX, especialmente desde os anos 50. Nas últimas décadas, as diferentes institucións galegas desenvolveron unha serie de medidas para superar esta fase e camiñar cara á total normalización da lingua galega. A Universidade da Coruña, comprometida estatutariamente coa cultura e coa lingua do país e con base na lexislación vixente, non permaneceu allea a este proceso e dotouse dun corpus normativo de seu en que estealo, ao que aínda hai que engadir a lexislación universitaria e de función pública, galega e estatal, con contido lingüístico. 

 

Desde o ano 2009 está constituída a Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística.