Plano de normalización lingüística da UDC
O galego é unha lingua minorizada que, despois dunha primeira
fase de normalización plena, sufriu un forte desprestixio social
durante séculos cunha perda progresiva de falantes que se fixo
máis importante ao longo do XX, especialmente desde os anos 50.
Nas últimas décadas, as diferentes institucións
galegas desenvolveron unha serie de medidas para superar esta fase e
conseguir a total normalización da lingua galega. A Universidade
da Coruña, comprometida coa cultura e coa lingua do país,
comezou no seu día un proceso de elaboración do plano de
normalización lingüística para se adaptar ao marco
legal, que se iniciou coa redación do Regulamento de usos da
lingua galega en 2004 e finalizou coa aprobación do
Plano de normalización lingüística da Universidade
da Coruña.
O Consello de Goberno da Universidade da Coruña, na
súa reunión do 14 de
decembro de 2006, aprobou sen
ningún voto en contra, o Plano de normalización
lingüística, que pode consultar e descargar.
Plano de normalización lingüística
Texto íntegro, aprobado polo Consello de Goberno da
Universidade da
Coruña, na súa sesión do 14 de decembro de 2006
Comisión de seguimento do plano
Formación da comisión de seguimento do Plano de normalización
lingüística
Medidas do PNL para o curso 2007-2008 aprobadas pola Comisión
de Seguimento na reunión do 15-10-2007