Outras novas

<< Novas posteriores                                                    Novas anteriores >>

O galego nos medios


O Comité da Facultade de Filoloxía da UDC organiza as II Xornadas Lingua, Literatura e Nación que este ano teñen como tema central O galego nos medios.

Terán lugar os días 15, 16 e 17 de abril na Aula Magna da facultade.

Programa e formulario de inscrición (...+)


marzo de 2009


Bolsas de colaboracion no SNL do Concello da Coruña


O SNL do Concello da Coruña convoca dúas bolsas destinadas a realizar prácticas en labores de normalización e dinamización lingüísticas.

O perfil das persoas que poden concorrer é o de licenciado/a ou estudante de último ano de Filoloxía Galega.

O prazo de presentación de solicitudes é de quince días naturais desde a súa publicación no boletín oficial da provincia da Coruña, o 27 de marzo de 2009.

Máis información (...+)

marzo de 2009


Lingua de amor



O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, convoca a terceira edición do concurso Lingua de amor, o concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico e que este ano inclúe a novidade da categoría musical

A data límite para o envío dos textos ou das cancións é o 10 de maio.

Máis información (...+)

marzo de 2009


Nos camiños do entusiasmo


O luns, 30 de marzo, ás 20:30 horas presentarase na cidade da Coruña o volume Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación da autoría de Goretti Sanmartín.

O acto terá lugar na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, na rúa dos Olmos, 16-18, 1.º

Máis información (...+)

marzo de 2009


A idade da auga. Un escritor escocés que escribe en galego


O vindeiro mércores 25 de marzo no salón de graos da Facultade de Filoloxía terá lugar a charla de James Salter baixo o título A idade da auga. Un escritor escocés que escribe en galego.

A obra combina a tradición da literatura fantástica de Mobby Dick xunto co imaxinario creativo galego de Álvaro Cunqueiro ou Urbano Lugrís.



marzo de 2009


Novas tecnoloxías e lingua



O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza cinco obradoiros de Novas tecnoloxías e lingua destinados á poboacion adulta da cidade.

A duración dos obradoiros é de 20 horas cada un e terán lugar en distintas asociacións locais.

Máis información (...+)

marzo de 2009


Bicos con lingua na Coruña


A obra Bicos con lingua chega o xoves 12 de marzo ao Teatro Colón da Coruña da man de Talía Teatro.

Trátase dunha sucesión de situacións que abordan con humor, mais tamén cun convite á reflexión, os principais conflitos e prexuízos que rodean a lingua galega.

Máis información (...+)

marzo de 2009


Atlas Mundial Galego



Xa está dispoñible, na súa versión beta, o Atlas Mundial Galego que ten como obxectivo a estandarización en lingua galega dos nomes xeógraficos.

O Atlas é un proxecto do SNL da CRTVG a través dun convenio coa Consellaría de Innovación e Industria.

Máis información (...+)

febreiro de 2009


XI Encontros para a Normalización Lingüística


Os días 12 e 13 de febreiro terá lugar en Santiago de Compostela a undécima edición dos Encontros para a Normalización Lingüística.

A avaliación da política lingüística levada a cabo polo goberno galego nos últimos catro anos e mais a integración sociolingüística da poboación emigrante e inmigrante son algún dos eixos temáticos sobre os que xirarán os relatorios.

Máis información (...+)

xaneiro de 2009


Exeria: aplicación para unha linguaxe non-sexista



Unha nova ferramenta, denominada Exeria, facilita a revisión dos textos contribuíndo a achegar alternativas para un uso non-sexista da linguaxe.

Está especialmente deseñada para o traballo con textos do ámbito administrativo e é posible a súa integración no paquete de OpenOffice.

Máis información (...+)

xaneiro de 2009


Convocatoria das probas para a obtención do Celga


O DOG do 15 de xaneiro publica a convocatoria das probas para a obtención do Celga nos niveis 1, 2, 3 e 4. O prazo de presentación das solicitudes varía en función da convocatoria, das tres existentes, que se desexar.

Consulta a convocatoria completa aquí

xaneiro de 2009


12 pelis para os peques


O SNL do Concello da Coruña programou para este primeiro trimestre do ano 2009 un ciclo de películas de temática infantil.

As proxeccións terán lugar todos os sábados a partir das 18 horas no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF).

Máis información e listaxe de filmes (...+)

xaneiro de 2009


<< Novas posteriores                                                    Novas anteriores >>