II Xornadas de Cultura, Lingua e Ensino

II Xornadas de Cultura, Lingua e Ensino
Facultade de Ciencias da Educación, 9 e 10 de febreiro
Solicitado un crédito de libre elección
Máis información (...+)
Témoslle lei

Campaña de dinamización lingüística na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela que ten como obxectivos o incremento e a mellora do uso da lingua galega.
Páxina web
Témoslle Lei- Os profesionais opinan.
Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo

O xoves 21 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos, 16-18) a presentación do volume Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo.
O acto contará coa presenza do editor, Francisco Pillado, e dous dous seus autores: Luís Villares e Carlos Amoedo.
Canto de permanencia

O xoves día 15 de abril, ás 20:30 horas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña terá lugar, baixo o título Canto de permanencia, un acto de homenaxe a Uxío Novoneyra organizado pola Fundación Manuel María, a AS-PG e a Concellaría de Cultura.
Realizarase a presentación dun DVD e a actuación correrá a cargo de Uxía Senlle.
A entrada é de balde até completar aforo.
III Xornadas Lingua, Literatura e Nación

O Comité de Filoloxía da Coruña organiza estas xornadas co subtítulo Normalizando a lingua, normalizando a nación os días 21, 22 e 23 de abril na Aula Magna de Filoloxía.
Están solicitados dous créditos de libre.
Lingua e futuro

Presentación do volume Lingua e futuro o xoves 15 de abril ás 12.30 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación.
O acto contará coa participación de, entre outros, profesorado desta universidade: Pilar García Negro, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Mariló Candedo, Narciso de Gabriel, Sabela Rivas, Iolanda Galanes, Francisco Pillado e Goretti Sanmartín (coordinadora do volume).
Presentación na Reitoría

O próximo 23 de marzo, ás 20 horas, terá lugar no Paraninfo da Reitoría a presentación do volume 63 da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor editado polo profesor desta universidade Francisco Salinas Portugal e que leva por título A revolta da Casa dos Ídolos de Pepetela.
O acto contará coa presenza do reitor e mais o catedrático de Teoría da Literatura da Universidade do Minho Vitor Manuel de Aguiar e Silva.
Lectura pública de textos de Rosalía
Co gallo do día de
Rosalía de Castro, o mércores 24 de febreiro a Asociación de Editores
en Lingua Galega organiza unha lectura pública simultánea en varias
cidades galegas.Na Coruña o acto terá lugar nos Xardíns de Méndez Núñez (enfronte do monumento a Curros Enríquez), mentres que en Ferrol será na praza do Himno Galego.
A hora prevista en ambos os casos é as 18.00 horas.
Máis información (...+)
Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego
Campaña impulsada
pola Coordinadora de Equipos de Normalización e
Dinamización Lingüísticas especialmente dirixida a comunidade
educativa que conta coa participación de, entre outros, Luís Tosar,
Antón Reixa, María Castro e Martiño Rivas.Máis información e vídeos da campaña na páxina da Coordinadora
55 mentiras sobre a lingua galega

O venres día 5 de febreiro ás 20.30 horas terá lugar a presentación do volume 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinado polo profesor Henrique Costas e que constitúe a primeira publicación da plataforma Prolingua.
Na cidade da Coruña o acto terá lugar na sala de prensa da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, entrada pola rúa da Estrela) e contará coa participación de Mercedes Queixas, Pancho Pillado, Martin Pawley e Alfredo Ferreiro.
Na cidade de Ferrol terá lugar no Ateneo Ferrolán (rúa Magadalena 202-204) e contará coa participación de Xosé Manuel Pérez Sardiña, Xosé Lastra e Xosé Manuel López Leira.
Máis información no web de Prolingua
A lingua non ensino non-universitario
Documentación de interese tocante ás Bases para a elaboración do decreto de
plurilingüismo no ensino non-universitario de Galicia
presentadas pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.- Informe da Real Academia Galega
- Ditame do Consello da Cultura Galega
- Análise crítica xurídica das Bases
- Comunicado da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística
- Comunicado da Asociación Socio-Pedagóxica Galega
- Comunicado de Nova Escola Galega
- Análise da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
- Consideracións xerais da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua Galega
O que aquí se presenta é simplemente unha escolma a título informativo. Se desexas máis información podes acceder á seguinte recompilación de artigos, análises e posicionamentos ou pórte en contacto connosco.
Digatic

Xa está en liña o Dicionario Galego das Tecnoloxías da Información e da Comunicación desenvolvido pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG).
Conta con máis de 4000 termos e os traballos foron dirixidos polo profesor desta universidade Xavier Alcalá.
Máis información (...+)
Outono audiovisual na Coruña

A Concellaría de Xuventude, Solidariedade e Normalización Lingüística organiza o ciclo de curtametraxes en galego Outono audiovisual, que se desenvolverá os sábados do mes de novembro en diferentes locais sociais da Coruña.
A primeira sesión terá lugar o 7 de novembro no Centro Social Sagrada Familia.
Máis información (...+)
Ciclo de conferencias na Coruña

- Martes 13 ás 19.30 h. Historia da Represión Lingüística en Galiza. María Pilar Freitas Juvino
- Xoves 22 ás 19.30 h. Represión Lingüística no ensino en Galiza. María Pilar García Negro e Xoán Costa
- Xoves 29 ás 19.30 h. A defensa dos dereitos lingüísticos nos últimos anos do franquismo. Bautista Álvarez e Lois Diéguez
Máis información (...+)
Presentación de "Sobre o racismo lingüístico"
|
O xoves 9 de xullo
ás 20.00 horas terá lugar no
Paraninfo da Reitoría a presentación do volume Sobre o racismo lingüístico
publicado por Edicións Laiovento.
Trátase dunha obra
colectiva responsabilidade, entre outros, de profesorado
da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
|
![]() |
Ramón Piñeiro na lembranza

No marco do ano dedicado á figura de Ramón Piñeiro chega á Coruña, da man da Fundación Caixa Galicia, a exposición Ramón Piñeiro na lembranza. Trátase dunha mostra de debuxos feitos por Siro López que ofrecen unha nova perspectiva do autor de Láncara.
A exposición inaugúrase o 2 de xullo e poderase visitar até o día 30 do mesmo mes
Centro Sociacultural Fundación Caixa Galicia (r/ Médico Rodríguez)
Máis información (...+)
Presentación de "De fala a lingua: un proceso inacabado"
| O luns, 22 de xuño, ás 20 horas, terá lugar no
Paraninfo da Reitoría a
presentación do volume De
fala a lingua: un proceso inacabado, da profesora
María Pilar García Negro. Para alén da
propia autora, o acto contará coa presenza de
Francisco Pillado, director de Edicións Laiovento, de Antón
Reixa, escritor e cineasta, e de Goretti Sanmartín Rei, directora do
SNL da Universidade.
|
![]() |
Novo manifesto a prol da lingua galega
Un grupo de
nove científicos galegos
pertencente ao Centro Europeo de
Investigación Nuclear (máís coñecido pola súa sigla CERN, do
francés Conseil
Européen pour la Recherche Nucléaire) acaban de publicar un
manifesto no cal defenden a validez absoluta da lingua galega para o
seu emprego no ámbito científico.O CERN é a institución que xestiona o meirande laboratorio de investigación en física nuclear a nivel mundial.
|
Unha achega ao
debate sobre o galego desde o CERN Somos un conxunto de físicos e enxeñeiros galegos vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra, a día de hoxe uns dos laboratorios científicos máis importantes do mundo. Desde a distancia, levamos meses asistindo ao debate que se está a xerar sobre a posición que debe ocupar a lingua galega no noso sistema educativo. Esta cuestión está a provocar unha confrontación continua de posturas e opinións que se estende a distintos ámbitos da nosa sociedade. Se ben consideramos este debate lexítimo tamén coidamos que as posturas deben ser mantidas e defendidas desde a máis absoluta rigorosidade, a mesma pola que nós estamos rexidos nas nosas actividades científicas. E vémonos na obriga de intervir cando determinados argumentos que non seguen esta máxima aparecen por parte de persoas cunha opinión que non se restrinxe ao ámbito privado. En declaracións ao “Faro de Vigo”, o voceiro da “Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados” (Congapa), José Ramón Hermida, dicía: “Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder”. Ben, for desde a ignorancia, for intencionadamente, declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis. E dicimos isto con coñecemento de causa, pois no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. Nun entorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica. E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán. Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero é necesario que se saiba que tampouco o é o castelán. A lingua franca da ciencia desde hai moitos anos é o inglés, e desde logo se algunha lle discutíu no pasado tal condición esa non foi o castelán. O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este. E tamén reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa. |
Asinan o manifesto Xabier Cid Vidal, Patricia Conde Muíño, Daniel Esperante Pereira, Teresa Fonseca Martín, Abraham Gallas Torreira, Manuel Gallas Torreira, Marcos Mariño Beiras, Diego Martínez Santos e Cibrán Santamarina Ríos.
Máis información (...+)
Procurando poema e poeta

Desde a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) propoñen unha caza do tesouro literario consistente en descubrir os poemas que se agochan nunha imaxe coas palabras revoltas.
Para facilitar o labor, na páxina de inicio da Asociación irán aparecendo unha serie de pistas.
O premio é de 300 € (400€ se es socio ou socia).
O xogo remata o 20 de xuño
Máis información (...+)
II Festa da Lingua
| A Área de Normalización Lingüística
da Deputación da
Coruña e mais a Concellaría de Cultura do concello
coruñes organizan o
martes 26 de maio a II Festa da Lingua. O evento celebrarase no Teatro Rosalía de Castro, ás 20.30 horas e contará coas actuacións de Xosé Touriñan e o grupo Malvela. Máis información (...+)
|
![]() |
+internet+galego+futuro
Xa está dispoñible o espazo que ano tras ano celebra conxuntamente o Día das Letras Galegas e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
A súa intención é recoller información sobre o autor homenaxeado -Ramón Piñeiro- e mais o de xuntar todas aquelas actividades que se proxecten ao redor destas dúas celebracións.
Máis información (...+)
O galego medra contigo

As concellarías de Cultura e a de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña acaban de facer públicas un amplo programa de actividades que se desenvolverá, baixo o título de O galego medra contigo, por toda a cidade ao longo dos meses de maio e xuño.
O programa está especialmente pensado para os máis cativos da casa e inclúe actuacións musicais, xogos, monicreques, obradoiros de animación á lectura, sorteos...
Máis información (...+)
Saber ler axiña todas as linguas románicas

Baixo o título As sete peneiras. Saber ler axiña todas as linguas románicas, acaba de saír do prelo a versión galega do proxecto EuroComRom que ten como obxectivo a promoción do plurilingüismo e a intrecomprensión no contexto europeo a través da aprendizaxe.
O volume é da autoría dos profesores galegos da Universitat de Barcelona Sabela Labraña e Ignacio Vázquez.
Consulta aquí a ficha técnica da obra.
Premio a artigos xornalísticos normalizadores
| O Concello de Carballo convoca a
quinta edición do
Premio a artigos
xornalísticos normalizadores. O certame ten como finalidade a de promover a reflexión sobre a situación da lingua galega e conta coa colaboración de dez medios de comunicación galegos. O prazo de presentación de orixinais remata o 8 de maio. Bases completas do
certame (...+)
|
![]() |









