IV Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, Traballando en Lingua
- As persoas admitidas deben formalizar a súa matrícula canto antes. Esta será efectiva tras cubrir o Impreso de pagamento, facer o ingreso na entidade bancaria e remitirlle ao Servizo de Normalización Lingüística o orixinal do xustificante do ingreso. As persoas con matrícula reducida (agás as que sexan socias da CTNL) teñen que o acreditar documentalmente.
- As persoas que non enviaren o xustificante de pagamento antes do 9 de xullo non se considerarán matriculadas.
- Solicitámoslles a aquelas persoas que finalmente non poidan realizar este curso que nolo comuniquen canto antes para que poidan acceder a el as persoas da listaxe de agarda.
- O acto de inauguración do Curso, que será o martes, día 15 de xullo, ás 10:30 h, consistirá nun almorzo conxunto, con intervención das persoas que figuran no programa. Por este motivo pregámoslle a máxima puntualidade posible.
- Segundo figura no programa, a mesa redonda sobre Pradolongo
terá lugar o día 17 de xullo, ás 19:30 h. Ás 22:30 h proxectarase este
filme na Praza do Concello.
- Convocatoria e programa en pdf
- Tríptico
- Modelo de preinscrición en word
- Modelo de preinscrición en pdf
Campamentos de verán da UDC en galego
- Información dos campamentos de verán da UDC en galego
V Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras
Convocatoria do V Premio Luísa Villalta a Iniciativas NormalizadorasListaxe de axudas para as comisións de normalización lingüística dos centros
Listaxe de axudas concedidas ás comisións de normalización lingüística dos centros pola Comisión de Seguimento do Plano de Normalización Lingüísica na súa reunión do 08/05/2008Cursos de formación lingüística
Convocatoria dos cursos de formaciónModelo de solicitude (PDF)
Convocatoria de axudas do Servizo de Normalización Lingüística para as comisións de normalización lingüística dos centros (novo prazo de presentación de solicitudes até o 15 de setembro)
O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, concede axudas por valor de até 30.000 (2.000 euros, como máximo, por centro) para organizaren actividades de dinamización lingüística (organización de xornadas ou conferencias, campañas de publicidade, edición de publicación, adquisición de material bibliográfico etc).Convocatoria dunha axuda para a edición dunha revista científica de calidade
Axuda de 4.000 euros para a publicación durante o ano 2008 dunha revista científica de calidade (en papel ou en formato electrónico) editada pola Universidade da coruña, en lingua galega ou bilingüe, en galego e en inglés.Diplomas do cursos de formación
Están dispoñibles na oficina do SNL, en horario de 9:00 a 14:00 h, os diplomas dos cursos que se impartiron ao longo de 2007.Este tamén é territorio galego
A comezos de 2008 o SNL distribuíu nos centros universitarios o material da campaña Este tamén é territorio galego: nas aulas fala o teu idioma, que foi deseñada co fin de estimular o emprego da lingua galega nos usos docentes no interior da aula. Segundo os datos de que se dispón, só o 13,4% do alumnado emprega o galego para facer preguntas na aula e só o 8,9% do profesorado explica en galego, cando estas porcentaxes están lonxe dos coñecementos reais que se teñen da lingua e do emprego real que dela se fai fóra do ámbito docente.
O material -carteis e adhesivos- convida a saltar esa fronteira lingüística que parece haber no limiar das aulas e que a lingua galega se mella non poder franquear.Ao dereito
Campaña de divulgación dos dereitos lingüísticos entre a comunidade universitaria.Esta campaña parte do recoñecemento do galego como lingua propia da UDC e recolle a normativa vixente que ampara o dereito de todos os membros da comunidade a utilizar a lingua galega en calquera contexto da vida universitaria.
Esta campañas están integradas nas dezaoito medidas aprobadas pola Comisión de Seguimento do Plano de Normalización Lingüística para o curso 2007-2008.
Convocatoria para axudas á investigación en lingua galega para o ano 2008
O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca cada ano unhas axudas para a realización de traballos e teses en galego. Se é unha persoa interesada nesta convocatoria, acceda ás bases.Plano de Normalización Lingüística
Medidas do Plano de Normalización Lingüística para o curso 2007-2008 aprobadas pola Comisión de Seguimento na reunión do 15-10-2007.
