Libro Universitario Galego

A colección Libro Universitario Galego ten como finalidade a de aumentar o catálogo en lingua galega de manuais universitarios. Está patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e é responsabilidade editorial das universidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.

Fai, así, realidade unhas das medidas fixadas no Plan xeral de normalización da lingua galega para o ámbito universitario, así como no propio Plano de normalización lingüística da nosa universidade.

Os seus tres primeiros volumes son da autoría de profesorado da UDC, en concreto da Facultade de Informática, da Escola Universitaria Politécnica e mais da Facultade de Dereito.

O SNL está aberto a recibir máis propostas de títulos cuxa tradución ao galego se considerar de interese para contribuír a unha maior presenza da lingua galega na docencia universitaria.


Volume 1
Fundamentos de intelixencia artificial                                      
Moret Bonillo, Vicente
Alonso Betanzos, Amparo
Guijarro Berdiñas, Bertha
Mosquera Rey, Eduardo

Volume 2
Técnicas de construción naval

Primitivo B. González López
Volume 3
O ensino do dereito a través do cinema: unha perspectiva interdisciplinar

José Pernas García (coordinador)
Volume 4
Dicionario de ensino e aprendizaxe de linguas

Ignacio M. Palacios Martínez (director)

Máis información sobre as obras no web do Servizo de Publicacións da UDC.