
Segunda edición da campaña En galego tamén se fai ciencia promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística e destinada a avalar, co testemuño de investigadores/as de prestixio de Galicia, a validez da lingua galega tanto para a docencia como para a investigación.
Nesta ocasión ampliouse a outros campos e disciplinas auxiliares como a investigación práctica, a divulgación científica ou a tradución especializada, así como a visión do estudantado que está a piques de rematar a carreira e mais a de persoas de orixe foránea.
Nela interveñen: Marilar Aleixandre, Patricia Buján, Belén Caride, Klara Kadlecovà, Xosé Luciano Otero, Mateo Pérez, Casto Rivadulla, Michael Skinner , Cathryn Teasley e Manuel Vicente.
www.engalegotamensefaiciencia.eu
Presentación da campaña (27/11/2012)
| Apertura do acto | Valentín García Gómez |
| Goretti Sanmartín Rei | Manuel C. Núñez Singala |
| Cristina Rodríguez Ricart | Peche do acto |





