Xornadas, cursos e congresos

IV Xornadas Lingua e Usos: Lingua e Comunicación

  • Organización: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega.
  • Financiamento: Secretaría Xeral de Política Lingüística e Deputación da Coruña
  • Lugar: Paranínfo da Reitoría, a Maestranza (A Coruña)

Programa

Mércores 7 de novembro de 2007

16:00 Recepción e entrega de documentación.

16:30 Inauguración das xornadas.

17:00 Conferencia inaugural:“O galego, lingua nacional, europea e universal”

  • Camilo Nogueira, enxeñeiro, economista e ex deputado europeo.

18:30 “A presenza e promoción do galego na prensa escrita” mesa redonda

  • Xosé Luís Vilela, director de La Voz de Galicia: “O papel do galego na prensa escrita maioritariamente en castelán. O caso de La Voz de Galicia”.
  • Afonso Eiré, director d’A Nosa Terra: “Presente e futuro da prensa escrita en galego. O caso d’A Nosa Terra”.
  • Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe: “Galicia Hoxe e a viabilidade da prensa diaria en galego”.
  • Ramón Vilar Landeira, director de Vieiros: “A prensa dixital en galego desde a experiencia de Vieiros”.

Moderador: Antón Losada, profesor de Ciencia Política da Universidade da Santiago de Compostela

Xoves 8 de novembro de 2007

16:00 Carme Hermida, profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC: “A cantidade e a calidade do galego nos medios”.

17:00 Raúl Veiga, director de cinema: “A lingua da ficción audiovisual”.

18:30 “O galego no ámbito audiovisual e o modelo de lingua” mesa redonda

  • Ana Romaní, directora de programa radiofónico: “Lingua e cultura na radio. A experiencia do Diario cultural”.
  • Federico Pérez, asesor lingüístico de series televisivas e guionista de programas de humor: “O galego no humor”.
  • Luís Iglesia Besteiro, actor de series de televisión e de dobraxe: “O modelo de galego na dobraxe”.
  • Luz Méndez, lingüista da RTVG: “O modelo de galego oral na televisión”.
  • Orsolya Vincze e Marco Bucaioni, tradutores: “A presenza do galego no ámbito da tradución en Europa”.

Moderador: Carlos Blanco, actor

Venres 9 de novembro de 2007

10:00 Ângelo Gonçalves Vicente, ex coordinador do Observatorio Galego da Lusofonía e asesor da Fundación Via Galego: “A lingua galega como ferramenta de comunicación internacional. O papel da Fundación Via Galego”.

11:00 Miguel Túñez López, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC: “As noticias en galego”.

12:30 X. C. Caneiro, escritor e articulista na prensa diaria: “A negación do arquetipo (A escritura: función social e agonía”).

16:00 Rosa Aneiros, escritora e técnica do Consello da Cultura Galega: “A lingua galega na prensa: unha singradura de presenzas e ausencias. O caso dos primeiros textos en galego na prensa do século XIX”.

17:00 Xurxo Souto, director de Programas da Radio Galega: “Función dos medios de comunicación no prestixio do galego”.

18:30 Conferencia de clausura:

  • Suso de Toro, escritor: “Lingua, literatura e sociedade”.

Inscrición

Gratuíta a través do formulario que se publicará na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística.

O prazo de inscrición termina o venres 2 de novembro de 2007, ás 14.00 h.

Está solicitado un crédito de libre configuración para o alumnado da UDC pola asistencia a esta actividade.

Para obter o diploma de asistencia será preciso acudir ao 90% das conferencias programadas.

1 de outubro de 2007