Este tamén é territorio galego



Este tamén é territorio galego: nas aulas fala o teu idioma é unha campaña deseñada co fin de estimular o emprego da lingua galega nos usos docentes no interior da aula.

Segundo os datos de que se dispón só o 13,4% do alumnado emprega o galego para facer preguntas nas aulas e só o 8,9% do profesorado explica en galego. Ambas as porcentaxes están moi lonxe dos coñecementos reais que se teñen da lingua galega, así como do emprego que dela se fai fóra do contexto docente.

O material -carteis e adhesivos- convida a saltar esa fronteira lingüística que parece haber no limiar das aulas e que a lingua galega semella non poder franquear.