Este tamén é territorio galego
A comezos de 2008 o SNL distribuíu nos centros universitarios o material da campaña Este tamén é territorio galego: nas aulas fala o teu idioma, que foi deseñada co fin de estimular o emprego da lingua galega nos usos docentes no interior da aula. Segundo os datos de que se dispón, só o 13,4% do alumnado emprega o galego para facer preguntas na aula e só o 8,9% do profesorado explica en galego, cando estas porcentaxes están lonxe dos coñecementos reais que se teñen da lingua e do emprego real que dela se fai fóra do ámbito docente.
O material -carteis e adhesivos- convida a saltar esa fronteira lingüística que parece haber no limiar das aulas e que a lingua galega se mella non poder franquear.Ao dereito
Campaña de divulgación dos dereitos lingüísticos entre a comunidade universitaria.Esta campaña parte do recoñecemento do galego como lingua propia da UDC e recolle a normativa vixente que ampara o dereito de todos os membros da comunidade a utilizar a lingua galega en calquera contexto da vida universitaria.
Máis informacion (...+)
Para, contra a violencia, recuperarmos a lingua
O feito de os usos sociais dominantes exerceren unha maior presión social sobre as mulleres explica a constatación de se situaren sempre nun chanzo que implica unha maior corrección e aproximación á norma lingüística de referencia. Un dos elementos de autodefensa das mulleres contra a súa exclusión social foi, pois, a incorporación como natural dunha seguranza lingüística baseada na lexitimidade que o sistema concedía aos seus modos de falar. (...+)






